Coñécenos

Coñécenos

CCA de Tendas - O Grove

Sobre nós

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está a contribuír á modernización dos espazos comerciais tradicionais da nosa cidade. A súa implantación trae consigo consecuencias positivas de índole económica, social e urbana. Contribuíndo ao: aumento do emprego, o autoemprego, a democratización dos beneficios económicos e á satisfacción dos consumidores locais; o desconxestionamento das vías de comunicación, a revalorización de espazos urbanos degradados, etc.

Neste contexto, o obxectivo final do presente traballo é contribuír a mellorar e dinamizar o actual sistema comercial tradicional do Grove, no que se define o modelo comercial do Centro Comercial Aberto, os criterios de localización da súa implantación e as actuacións propostas.

Asóciate

EMGROBES é unha organización absolutamente aberta que pretende agrupar a todos os empresarios e comerciantes do Grove,e que se basea na coordinación, representación, xestión, fomento e defensa dos intereses xerais e comúns das empresas. Esta entidade está dotada de personalidade xurídica e con plena capacidade de obrar en cumprimento dos seus fins. Ademais, trátase dunha organización independiente da Administración, das organizacións de traballadores e dos partidos políticos. Na actualidade EMGROBES, é a única asociación da vila de empresarios e aglutina a case uns 150 asociados, pertencentes aos diferentes sectores da economía grovense.

Esta asociación ten como principal obxectivo a defensa dos intereses, dos seus socios, tanto económicos como sociais, englobando as intereses comerciais, hostaleiros e industriais, así como a realización de labores de información e promoción dos asociados, fomentando sempre entre eles unha colaboración mutua.

En 2001 creouse o Centro Comercial Aberto “De Tendas” coa finalidade de que o comercio local teña unha imaxe única, e levar a cabo, así, promoción e publicidade en común, asi como a unificación de servizos para conseguir ser máis competitivos.

Máis información